Convócase a toda a xente que queira participar desta acción colectiva.
O dÃa 27 de xaneiro ás 19h no Obelisco reunirémonos tod*s, e a partir de ahà decidiremos probablemente repartirnos en pequenos grupos por diferentes zonas cercanas (ou non, dependerá de cantos sexamos). Acudide preferiblemente cun cartel (con ou sen mango) que diga “Apertas Gratis”, “Abrazos Gratis” ou lema similar que desexedes, a falta diso pódese apañar un folio ou unha cartulina.
O Movemento “Free Hugs” empezou o 2001 por Jason Hunter cando morreu a súa nai, unha muller que daba apertas á xente e daba amor a todo o mundo sen importar a raza, nin sexo. Noutra parte do mundo, Sidney, un mozo que vivÃa en Londres pero que era australiano, volveu ao seu paÃs natal. Unha vez alÃ, sentÃase só, os seus pais divorciaranse, acabába de separarse da súa prometida e a súa avóa estaba moi doente. Para animarse decidiu ir a unha festa, onde unha descoñecida regaloulle unha aperta, “Sentinme como un rei, foi o mellor que me pasou nunca”, asà describe ese momento.
Seis meses logo deste suceso, un 30 de xuño, decidiu saÃr a repartir apertas gratis á xente que transitaba por Pitt Mall Street en Sidney. Juan Mann, asà é como se fai chamar, un xogo de palabras en inglés para pronunciar “one man” que significa “unha persoa”, seguiu coa súa campaña e saÃa todos os xoves pola tarde a repartir apertas no mesmo lugar. Shimon Moore gravou ao protagonista e o intento frustrado da policÃa en prohibir o movemento. Pasaron os anos e Juan Mann púxose triste pola morte da súa avóa, Shimon Moore para animarlle editou as imaxes nunha noite e regaloulle o video, seguidamente subiuse a Youtube e grazas á forza viral deste medio de comunicación, iniciouse o movemento en todo o mundo.
A vida actual nos leva a unha espiral de estrés, traballo, consumo, … e con tanta ocupación olvidamonos de dar e recibir cariño, afecto, apertas, … Nós queremos que a xente recupere todo isto, que se decate do importante que é para nós, e de paso reivindicar a rúa como espazo de sensacións vitais, como espazo para vivir, e non só un lugar de paso cara ao traballo ou entre compra e compra. Por iso apropiámonos da idea de “Free Hugs” e estaremos en Coruña repartindo apertas para todo o mundo que queira recibilas.
Entrada orixinal en: Apertas Gratis en Coruña. 27 de xaneiro de 2007
1 comentario
January 24th, 2007 at 4:11 pm
Levab moito tempo desexando facelo, pero non atopaba a ninguen q se animase conmigo! ali estarei!!
Bikiños,
MarÃa