ENTRA / ÚNETE


  • publicidad para mantener la web
    RECIBIR BLOGS POR EMAIL


    Hacemos

    Teaming.info, ayudar a muchos por muy poco

    Usuarios en la web

    Blog birnarem

    foto

    Xa estamos de novo na rede

    Escrito por birnarem
    March 9th, 2007
    desde A Coruña

    Hola a tod*s.

    Despois dos cambios realizados na páxina http://abrazosgratis.org xa estamos outra vez aquí. Agora poderedes acceder aos nosos artigos a través da dirección: http://abrazosgratis.org/category/blog/espana/galiza.

    Continuaremos informándovos das novidades que se produzan na nosa terra referentes a este movemento e, por suposto, de todas as convocatorias.

    Queda por informar do que pasou na convocatoria de Vigo do pasado día 24 de febreiro, en breve informaremos do que alí aconteceu. E estade atentos, a onda de abrazos continúa…


    Temas: ,

    foto

    Abrazando al mundo

    Escrito por birnarem
    March 7th, 2007
    desde A Coruña

    ¿Cuánto impacto puede tener un abrazo?

    ¿Es posible contener el frío que genera nuestra sociedad moderna?

    Un australiano pensó que es posible. Y sucedió que su voz se sumó a otras miles que? quizás ya lo habían pensado pero que no sabían cómo hacerle.

    El advenimiento en masa de Internet permitió que se difundiera lo que, quizás, sea una de las campañas más importantes en los albores de este nuevo siglo.

    ¿Cómo se recordará esta campaña en los próximos diez o veinte años?

    Todo depende del impulso que le imprimamos. Si la dejamos morir quizás la humanidad se quede a la mitad de dar uno de sus pasos más grandes. Si la continuamos probablemente estemos viviendo el inicio de un nuevo momento. ? Y hablo de la humanidad porque con Internet podemos lograr grandes cosas. Quizás esta sea la nueva revolución, una revolución de paz, de verdadera fraternidad entre todos, Un abrazo desinteresado nos puede llevar a amar desinteresadamente.

    ¿El ser humano es una especie que busca autodestruirse?

    Nosotros, los que abrazamos desinteresadamente, creemos que no. Tenemos una capacidad de amar casi infinita. No la derrochemos.

    Si cada abrazo es luz, entonces, es momento de brillar.

    ¡BRILLEMOS!


    Temas: , ,

    foto

    ONO intenta aproveitarse do noso movemento

    Escrito por birnarem
    February 12th, 2007
    desde A Coruña

    Recentemente a empresa ONO sacou unha campaña publicitaria que se aproveita da imaxe positiva creada polo movemento de apertas gratis. Ademáis de coller unha imaxe presente optimista, positiva, … para que o público a relacione coa marca publicitada, pretende deslexitimar o noso movemento futuro, xa que, cando saiamos novamente á rúa a repartir apertas haberá moita xente que dirá: “mira, os de ONO”.

    O movemento organizado a través da páxina abrazosgratis.org empezou a denunciar e mobilizarse en denuncia desta publicidade. Froito deste intercambio, están saindo materiais e ideas para facer fronte a esta afrenta. Segundo as normas publicadas pola Asociación para la Autorregulación de la Comunicación Comercial, a publicidade de ONO incumpriría ás súas normas nos seguintes puntos:

    D.- NORMAS SOBRE DETERMINADAS FORMAS Y TÉCNICAS PUBLICITARIAS
    20.- Explotación del prestigio ajeno e imitación.
    La publicidad no deberá contener ni explícita ni implícitamente referencias a los signos distintivos de otro anunciante, fuera de los casos legal o convencionalmente admitidos o de publicidad comparativa aceptable. Los anuncios tampoco deberán imitar el esquema general, texto, eslogan, signos distintivos, presentación visual, música, ni los efectos sonoros de otros anuncios, nacionales o extranjeros, aunque sean de campañas ya concluídas, de tal manera que induzcan a confusión a los destinatarios o signifiquen aprovechamiento indebido del esfuerzo ajeno. En la publicidad debe eludirse todo riesgo de confusión.

    A.- PRINCIPIOS BÁSICOS.
    Punto 4. Buena fe:
    La publicidad no deberá constituir nunca un medio para abusar de la buena fe del consumidor.

    C.- EXIGENCIA DE VERACIDAD.
    14.- La publicidad no deberá ser engañosa.
    Se entiende por publicidad engañosa aquélla que de cualquier manera, incluida su presentación, o en razón de la inexactitud de los datos sustanciales contenidos en ella, o por su ambigüedad, omisión u otras circunstancias, induce o puede inducir a error a sus destinatarios.

    19.- Testimonios.
    Cuando la publicidad incluya recomendaciones y/o testimonios, esto es, aseveraciones de personas ajenas al anunciante y que no actúan como portavoces de éste, sean o no retribuídos, deberá responder a la verdad, tanto en cuanto a la persona del recomendante y/o testimoniante, cuanto acerca del contenido de la recomendación y/o del testimonio. El anunciante deberá contar con autorización por escrito del testimoniante y a aquél le incumbe probar la verdad del anuncio. Esta publicidad sólo podrá utilizarse en tanto se mantengan vigentes las condiciones anteriores.

    27.- Campañas con causa social.
    b) Si en la publicidad se hace referencia a alguna organización de carácter solidario, deberá contarse con el consentimiento de ésta y deberán también respetarse las instrucciones impartidas por ésta o las condiciones bajo las cuales fue concedida la autorización.

    Polo tanto, esiximos a retirada inmediata da publicidade por parte da compañía ONO e a emisión dunha nota de aclaración e disculpa pola confusión e malestar creado.

    En Coruña realizaremos unha acción de protesta nos vindeiros días, seguiredes informados.

    Ver a discusión no foro de abrazosgratis.org


    Temas: , , ,

    foto

    Apertas Gratis na Coruña en internet

    Escrito por birnarem
    January 29th, 2007
    desde A Coruña

    Aquí van os enlaces ás noticias dos diferentes medios de internet (webs informativas, blogs, …) que nos incluíron dentro dos seus contidos:

    Infórmate dende a Galiza
    Éxito rotundo na primeira convocatoria de apertas gratis en Coruña
    Apertas Gratis en Coruña, 27 de xaneiro de 2007

    Código Cero
    Nova convocatoria na Web para repartir apertas de balde na Coruña
    A sección galega do movemento Apertas Gratis abre blog

    Radiofusión
    A Coruña invadirase de Apertas Gratis

    Chuza!
    Apertas Gratis xa ten blog informativo, únete

    A dorfunteca
    Arrexúntate ben

    O recuncho
    Arrexúntate ben

    Galicia Confidencial
    “Apertas e abrazos gratis” na Coruña

    Peneiras
    Apertas de balde na Coruña

    Fotolog Aglaye
    Apertas Gratis na Coruña


    Temas: , , ,

    Noraboa a tod*s pola magnífica tarde de apertas do sábado. A verdade, creo que a enerxía positiva que desprendía todo o grupo era tanta que podía verse dende o espacio (chamoume un amigo da constelación ganma que dixo que se nos vía moi ben dende alí, que a ver cando facíamos o mesmo no seu planeta).

    Anécdotas houbo moitas, e de todo tipo, dende una nena de 5 anos que tanto lle gustaron as apertas que terminou por levar ela mesma unha pancarta e repartir apertas á xente ata comentarios de xente de mente pouco evolucionada (os que menos) que son dignos do millor programa de gomaespuma. Pode que fagamos un recopilatorio de respostas en algún post :D.

    Pero temos que destacar que ademáis da nosa resposta, tamén foi moi positiva a resposta da maioría da xente, moi receptiva e simpática. De feito tod*s quedamos moi content*s coa experiencia, esperando que moita máis xente poida desfrutar dunha tarde coma a vivida próximamente.

    Repetiremos a experiencia, estade atentos, irei recollendo os correos da xente que vaia deixando aquí comentarios para mandar próximos avisos, ainda que o millor será que visitedes o blog de cando en vez por se acaso. ¿Conseguiremos chegar a 250.000 convocados para dar apertas gratis? ¿Porqué non? Eu desde logo a próxima non a perdo.

    O tema da gravación en video ainda non decidimos se o faríamos público por internet, ademáis ten que ser montado, e que levará o seu tempo. En todo caso, unha vez montado avisaremos por se alguén d*s que participaron quere unha copia en caso de que non o fagamos público.

    Por certo, a pesar de que non é o noso obxectivo ter notoriedade nos medios de comunicación clásicos e non convocar á prensa para o evento, apareceron fotograg*s e sacaron un par de noticias sobre o evento:

    La campaña de los abrazos indiscriminados reunió a decenas de personas en el Obelisco

    El movimiento mundial “Abrazos gratis” llegó al centro de la ciudad


    Temas: , ,

    foto

    Este sábado toda Coruña no Obelisco

    Escrito por birnarem
    January 26th, 2007
    desde A Coruña

    Xa queda menos para o reparto de apertas convocado este sábado no Obelisco ás 19h. A verdade é que a expectación creada é moito maior do que esperabamos, e sería estupendo que toda ista espectación se traducise en que milleiros de persoas participarán da acción jejeje (xa será menos).

    En calquera caso é evidente que hai moita xente con gañas de facer cousas, saír da rutina de sempre, romper os convencionalismos sociais e culturais, coñecer xente interesante, divertirse, … Todo isto e moito máis é o que faremos este sábado, soa atractivo ¿non? Pois se é así, non quedes na casa mirando o frío pola fiestra, baixa para dar e recibir calor humano, ese que é tan imprescindible e do que moitas veces carecemos.

    Se es tímid@ tampouco te botes atrás, baixa a curiosear, e decataraste que os que estamos alí non somos extraterrestres, nin membros de ningunha seta alucinóxena, nin tampouco somos iso que estás pensando (non sei o que é pero seguro que é moi moi malo).

    Non olvides levar unha pancarta, cartel, folio, … no que poña “Apertas Gratis”, “Abrazos Gratis”, “Apertas de balde”, “Free Hugs”, … o que millor che pareza.

    ¡¡¡ Vémonos !!!


    Temas: ,

    foto

    Chamamento á xente do país

    Escrito por birnarem
    January 24th, 2007
    desde A Coruña

    Este blog é un primeiro paso de tentar centralizar a información do que deste movemento xurda na Galiza. Como vedes, de momento hai unha convocatoria en Coruña o 27 de xaneiro.

    Quería facer un chamamento a toda persoa que esté interesada neste movemento, sexa de Coruña ou doutras cidades, pobos ou aldeas galegas, que se poña en contacto comigo para poder darlle de alta como usuari* e que así poida publicitar ou comunicar as súas accións ou participar no blog. ¿A qué esperades? ;)

    galiza (arrob) abrazosgratis (punt) org


    Temas: No hay Etiquetas

    foto

    Apertas Gratis en Coruña. 27 de xaneiro de 2007

    Escrito por birnarem
    January 23rd, 2007
    desde A Coruña

    Convócase a toda a xente que queira participar desta acción colectiva.

    O día 27 de xaneiro ás 19h no Obelisco reunirémonos tod*s, e a partir de ahí decidiremos probablemente repartirnos en pequenos grupos por diferentes zonas cercanas (ou non, dependerá de cantos sexamos). Acudide preferiblemente cun cartel (con ou sen mango) que diga “Apertas Gratis”, “Abrazos Gratis” ou lema similar que desexedes, a falta diso pódese apañar un folio ou unha cartulina.

    O Movemento “Free Hugs” empezou o 2001 por Jason Hunter cando morreu a súa nai, unha muller que daba apertas á xente e daba amor a todo o mundo sen importar a raza, nin sexo. Noutra parte do mundo, Sidney, un mozo que vivía en Londres pero que era australiano, volveu ao seu país natal. Unha vez alí, sentíase só, os seus pais divorciaranse, acabába de separarse da súa prometida e a súa avóa estaba moi doente. Para animarse decidiu ir a unha festa, onde unha descoñecida regaloulle unha aperta, “Sentinme como un rei, foi o mellor que me pasou nunca”, así describe ese momento.

    Seis meses logo deste suceso, un 30 de xuño, decidiu saír a repartir apertas gratis á xente que transitaba por Pitt Mall Street en Sidney. Juan Mann, así é como se fai chamar, un xogo de palabras en inglés para pronunciar “one man” que significa “unha persoa”, seguiu coa súa campaña e saía todos os xoves pola tarde a repartir apertas no mesmo lugar. Shimon Moore gravou ao protagonista e o intento frustrado da policía en prohibir o movemento. Pasaron os anos e Juan Mann púxose triste pola morte da súa avóa, Shimon Moore para animarlle editou as imaxes nunha noite e regaloulle o video, seguidamente subiuse a Youtube e grazas á forza viral deste medio de comunicación, iniciouse o movemento en todo o mundo.

    A vida actual nos leva a unha espiral de estrés, traballo, consumo, … e con tanta ocupación olvidamonos de dar e recibir cariño, afecto, apertas, … Nós queremos que a xente recupere todo isto, que se decate do importante que é para nós, e de paso reivindicar a rúa como espazo de sensacións vitais, como espazo para vivir, e non só un lugar de paso cara ao traballo ou entre compra e compra. Por iso apropiámonos da idea de “Free Hugs” e estaremos en Coruña repartindo apertas para todo o mundo que queira recibilas.

    Entrada orixinal en: Apertas Gratis en Coruña. 27 de xaneiro de 2007


    Temas: No hay Etiquetas

    foto

    Hola mundiño galego (ou sexa Hello World!)

    Escrito por birnarem
    January 23rd, 2007
    desde A Coruña

    Benvidos ao blog de Apertas Gratis, ou Apertas de balde, ou Abrazos Gratis, … o nome é o de menos, o importante é repartir apertas en calquera rincón da xeografía galega.

    *s creador*s deste blog estamos en Coruña, ou sexa que calquera outra cidade, pobo, aldea que queira sumarse ao movemento e ao blog, que me mande un correo e creo un usuario para que podades facer convocatorias ou comentar o que desexedes.


    Temas: No hay Etiquetas

    foto

    ABRAZADOR@


    Nombre
    birnarem

    E-Mail
    Entra para ver el e-Mail

    Web
    http://birnarem.freehostia.com

    Ciudad/País
    A CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA CoruñaA Coruña

    Sobre mi

    Cerrar
    Enviar por Correo