ENTRA / ÚNETE


  • publicidad para mantener la web
    foto

    13 de diciembre a las 18:00 en la plaza de galicia

    Escrito por lia
    Noviembre 26th, 2007
    desde santiago de compostela /españa

    En la plaza de galicia o en la alameda, si alguien quiere cambiar el dia o el lugar que lo diga a mi me da igual, cualquier momento es bueno para dar u abrazo.
    Postear todos los que creais que vais a ir para tener una idea. besoos y muchos abraaazos!!!

    Etiquetas: No hay Etiquetas

    foto

    Chamamento á xente do país

    Escrito por birnarem
    Enero 24th, 2007
    desde A Coruña

    Este blog é un primeiro paso de tentar centralizar a información do que deste movemento xurda na Galiza. Como vedes, de momento hai unha convocatoria en Coruña o 27 de xaneiro.

    Quería facer un chamamento a toda persoa que esté interesada neste movemento, sexa de Coruña ou doutras cidades, pobos ou aldeas galegas, que se poña en contacto comigo para poder darlle de alta como usuari* e que así poida publicitar ou comunicar as súas accións ou participar no blog. ¿A qué esperades? ;)

    galiza (arrob) abrazosgratis (punt) org

    Etiquetas: No hay Etiquetas

    foto

    Apertas Gratis en Coruña. 27 de xaneiro de 2007

    Escrito por birnarem
    Enero 23rd, 2007
    desde A Coruña

    Convócase a toda a xente que queira participar desta acción colectiva.

    O día 27 de xaneiro ás 19h no Obelisco reunirémonos tod*s, e a partir de ahí decidiremos probablemente repartirnos en pequenos grupos por diferentes zonas cercanas (ou non, dependerá de cantos sexamos). Acudide preferiblemente cun cartel (con ou sen mango) que diga “Apertas Gratis”, “Abrazos Gratis” ou lema similar que desexedes, a falta diso pódese apañar un folio ou unha cartulina.

    O Movemento “Free Hugs” empezou o 2001 por Jason Hunter cando morreu a súa nai, unha muller que daba apertas á xente e daba amor a todo o mundo sen importar a raza, nin sexo. Noutra parte do mundo, Sidney, un mozo que vivía en Londres pero que era australiano, volveu ao seu país natal. Unha vez alí, sentíase só, os seus pais divorciaranse, acabába de separarse da súa prometida e a súa avóa estaba moi doente. Para animarse decidiu ir a unha festa, onde unha descoñecida regaloulle unha aperta, “Sentinme como un rei, foi o mellor que me pasou nunca”, así describe ese momento.

    Seis meses logo deste suceso, un 30 de xuño, decidiu saír a repartir apertas gratis á xente que transitaba por Pitt Mall Street en Sidney. Juan Mann, así é como se fai chamar, un xogo de palabras en inglés para pronunciar “one man” que significa “unha persoa”, seguiu coa súa campaña e saía todos os xoves pola tarde a repartir apertas no mesmo lugar. Shimon Moore gravou ao protagonista e o intento frustrado da policía en prohibir o movemento. Pasaron os anos e Juan Mann púxose triste pola morte da súa avóa, Shimon Moore para animarlle editou as imaxes nunha noite e regaloulle o video, seguidamente subiuse a Youtube e grazas á forza viral deste medio de comunicación, iniciouse o movemento en todo o mundo.

    A vida actual nos leva a unha espiral de estrés, traballo, consumo, … e con tanta ocupación olvidamonos de dar e recibir cariño, afecto, apertas, … Nós queremos que a xente recupere todo isto, que se decate do importante que é para nós, e de paso reivindicar a rúa como espazo de sensacións vitais, como espazo para vivir, e non só un lugar de paso cara ao traballo ou entre compra e compra. Por iso apropiámonos da idea de “Free Hugs” e estaremos en Coruña repartindo apertas para todo o mundo que queira recibilas.

    Entrada orixinal en: Apertas Gratis en Coruña. 27 de xaneiro de 2007

    Etiquetas: No hay Etiquetas

    foto

    Hola mundiño galego (ou sexa Hello World!)

    Escrito por birnarem
    Enero 23rd, 2007
    desde A Coruña

    Benvidos ao blog de Apertas Gratis, ou Apertas de balde, ou Abrazos Gratis, … o nome é o de menos, o importante é repartir apertas en calquera rincón da xeografía galega.

    *s creador*s deste blog estamos en Coruña, ou sexa que calquera outra cidade, pobo, aldea que queira sumarse ao movemento e ao blog, que me mande un correo e creo un usuario para que podades facer convocatorias ou comentar o que desexedes.

    Etiquetas: No hay Etiquetas

    Cerrar
    Enviar por Correo